![]() |
|
Benvidos á páxina da Axenda 21 Euroeume.
A Axenda 21, que nace a partir da Conferencia de Río en 1992, é un programa creado para establecer as bases para o deseño de estratexias de desenvolvemento económico que resulten sustentables e ambientalmente respectuosas, entendendo por sustentable aquel que satisface as necesidades das xeracións actuais sen poñer en perigo a satisfacción das necesidades das xeracións futuras" Este proxecto, promovido pola Asociación Euroeume, contou coa participación de 7 dos 9 concellos do territorio: A Capela, Cabanas, Moeche, Monfero, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior. O obxectivo do mesmo é implantar modelos de desenvolvemento sostible nestes concellos a través da elaboración dun plan de acción conxunto (para todo o territorio), e individualizado (para cada un dos concellos). 08/05/2008
O castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA, acolleu o pasado 24 de abril unha xornada na que se expuxeron unha serie de experiencias exitosas na elaboración de Axendas 21 comarcaisLer máis 18/03/2008
Este año o Día Mundial da Auga 2008 celebrarase o 20 de Marzo, e centrará as suas actividades en torno á Sanidade, para contribuir así á celebración do 2008 Ano Internacional da Sanidade.A idea de celebrar o Día Mundial da Auga xurdiu na Conferencia das Nacions Unidas polo Medio Ambiente de 1992, trala que a Asamblea Xeral das Nacions Unidas decidiu que o 22 de Marzo os países realizaran actividades relacionadas coa conservación e o desenvolvemento dos recursos hídricos. Mais información en Axenda 21 Local.net Ler máis |
|